LOADING

Boletín Nº 037 17 de outubro de 2019

 
Boletín Rede Eusumo Nº 037   17 / 10 / 2019
 
   

Cita no ES-POP UP en Santiago de Compostela

Tedes plan para esta fin de semana? Desde hoxe e ata o sábado 19 poderedes gozar na praza Roxa de degustacións, servizos turísticos a medida, ilustracións personalizadas e produtos ecolóxicos de alta calidade, ademais de talleres gratuítos para toda a familia, contacontos, música en directo e moitas cousas máis. 

Esperámosvos! 

Ver máis

       
   

Sabes que é o Consello Galego de Cooperativas?

É un órgano colexiado adscrito á Consellería de Economía, Emprego e Industria, no que participan as diferentes administracións, institucións e organizacións cooperativistas interesadas no fomento global do cooperativismo. Na nosa web atoparedes máis información en relación coas súas funcións, composición e normativa que o regula. 

Ver máis

   

VIII Programa de apoio a empresas agroalimentarias

Se tes unha idea de negocio ou un proxecto en fase de crecemento ou consolidación, desde a Fundación Juana de Vega ofrécese a posibilidade de que presentes o teu proxecto e poidas participar en seminarios e titorías individualizadas. 

O programa está dividido en tres modalidades (emprendemento, consolidación e crecemento) ás que poderán presentarse proxectos nos campos da industria agroalimentaria, forestal, marisqueira, pesqueira ou outros sectores relacionados, que desenvolvan a súa actividade en Galicia. 

O prazo para presentar a túa idea de negocio remata o 30 de novembro. É a túa oportunidade, non a deixes pasar!      

Ver máis

   
   

Novas economías: É colaboración todo o que parece? 

Para coñecer a resposta podes inscribirte neste curso, no que se mostrarán as novas economías: social, colaborativa, solidaria, do ben común, circular ou azul, entre outras,  ademais de divulgar boas prácticas, casos reais e diversos recursos útiles no campo da economía social.  

Data: 28/10/2019
Horario: 10:00 - 14:00 h
Duración: 4 h
Lugar: Sede da Fundación Érguete Integración, avenida de Martínez Garrido, 21 Vigo
Inscriciónsformulario

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal

 

   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela