LOADING

Experiencias cooperativas

Iván Antón Prieto, de Ozono Multimedia: “As sociedades laborais quizais non son o modelo máis atractivo para os investidores, pero si para os traballadores e os socios”

O seu traballo está detrás do programa do tempo da Televisión de Galicia, que milleiros de persoas ven todos os días, ou das indicacións que os usuarios do transporte urbano de A Coruña reciben para que saiban en que parada deben baixar. A súa actividade non é tan visible como noutras profesións, pero os seus resultados pódense apreciar en distintos ámbitos do noso día a día e de múltiples sectores. Medran pouco a pouco para garantir unha maior estabilidade e nunca pediron un crédito bancario para o desenvolvemento da súa actividade.

Leticia Jorge, xerente de Aesgal: “As mulleres teñen que ser máis visibles para poñer en valor o seu bo facer nas sociedades laborais”

As sociedades laborais constitúen un dos tipos de empresas que fan posible a economía social en Galicia, e son moitas as vantaxes que a súa forma xurídica lles ofrece aos seus socios e traballadores. En 2009 creouse a Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (Aesgal) para defender os seus intereses. Nesta entrevista coa súa xerente coñecemos a súa situación actual e o papel das mulleres con motivo do Día Internacional da Muller, celebrado o pasado 8 de marzo.

 

Páginas