Axudas para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas
A Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) publica as bases reguladoras das axudas para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas para a anualidade 2024.
Cal é a finalidade destas axudas?
A finalidade é impulsar iniciativas e programas de aplicación das tecnoloxías enerxéticas, incluídas as renovables, a mellora do aforro e a eficiencia enerxética, o fomento do uso racional da enerxía e, en xeral, a óptima xestión dos recursos enerxéticos nos distintos sectores económicos de Galicia
Que obxectivos medioambientais deben cumprir os proxectos?
-
Mitigación do cambio climático
-
Adaptación ao cambio climático
-
Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños
-
Transición cara a unha economía circular
-
Prevención e control da contaminación
-
Protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas
Quen pode solicitar estas axudas?
- As empresas e persoas autónomas que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia
- As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía
*Podes consultar as persoas e entidades excluídas destas axudas no Artigo 5 do DOG Núm. 136.
Cales son os investimentos subvencionables?
- A elaboración dos proxectos técnicos
- A dirección facultativa e obra civil relacionados coas actuacións
- O prezo dos equipamentos
- A montaxe e posta en marcha dos equipamentos
- Os sistemas de monitorización, contabilización e telexestión dos equipamentos
- As auditorías
Ata cando se pode presentar as solicitudes?
O prazo de presentación de solicitudes comeza o 16 de xullo e finaliza o 16 de setembro de 2024.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.
Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.