Axudas para o reequilibrio financeiro dos CEEIS e EIL . Convocatoria 2021 - PECHADO O PRAZO
Publicadas no DOG as bases reguladoras das axudas para o reequilibrio financeiro dos centros especiais de emprego de iniciativa social (CEEIS) e empresas de inseción laboral (EIL) na anualidade 2021.
Finalidade: consolidar os postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social a través do equilibrio e reestruturación financeira dos centros especiais de emprego de iniciativa social (CEEIS) e das empresas de inserción laboral (EIL)
Poderán ser entidades beneficiarias:
- Os centros especiais de emprego de iniciativa social (CEEIS)
- As empresas de inserción laboral (EIL)
Contía da subvención: a axuda pode acadar o 50% das perdas acreditadas no exercicio 2020 pola entidade beneficiaria, cun importe máximo de 60.000 €.
Prazo de presentación de solicitudes: o prazo de presentación das solicitudes finaliza o 17 de marzo de 2021
Para consultar a orde, preme aquí.
Se queres consultar o folleto da axuda preme aquí.