Axudas para apoiar iniciativas de emprendemento
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publica as bases reguladoras das subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento para a anualidade 2023.
A finalidade da subvención é o apoio e impulso de iniciativas de emprendemento de autónomos e pequenas e medianas empresas, contribuíndo así ao incremento da súa actividade económica e a súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade, a través do apoio ao financiamento do investimento realizado e pagado entre o 5 de novembro de 2022 e a data da presentación da solicitude.
Poden ser beneficiarias destas axudas:
- As persoas traballadoras autónomas
- As pequenas e medianas empresas
- As sociedades cooperativas e laborais
- As empresas de inserción
- Os centros especiais de emprego
Os conceptos subvencionables son:
- Equipamento informático.
- Activos intanxibles: activos que non teñen unha materialización física ou financeira.
- Investimentos en eficiencia enerxética.
- Adquisición de bens de equipamento e mobiliario.
- Reforma e habilitación das instalacións do local de negocio.
- A adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipamento de segunda man.
A contía da axuda terá as seguintes porcentaxes de intensidade en función do rango de investimento total realizado:
- Con investimentos de 5.000 € ou máis ata un límite de 10.000 €, a contía da axuda será do 60 % do investimento.
- Con investimentos de 10.001 € ou máis ata un límite de 30.000 €, a contía da axuda será do 50 % do investimento.
- Con investimentos de 30.001 € ou máis ata un límite de 50.000 €, a contía da axuda será do 40 % do investimento.
- Con investimentos de 50.001 € ou máis ata un límite de 100.000 €, a contía da axuda será do 30 % do investimento.
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 29 de setembro de 2023, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
Descarga a infografía resumo da axuda.
Antes de facer a solicitude, consulta a orde completa premendo aquí.