Axudas á hostalería e microempresas

A Xunta de Galicia publica a orde pola que se establecen as bases reguladoras para o mantemento do emprego e da actividade económica das persoas traballadoras autónomas e das microempresas de Galicia máis afectadas pola COVID-19. 

Esta convocatoria de axudas ten dous programas:

Programa I microempresas: axudas as microempresas, persoas traballadoras autónomas con persoal a cargo e negocios de sectores especialmente paralizados. Este programa ten carácter plurianual e está financiado con 37.000.000 €, con cargo aos fondos finalistas e propios , dentro dos cales 2.000.000 € están reservados a aquelas pemes pertencentes a sectores cuxa actividade estivese especialmente paralizada.

Obxecto: apoiar o mantemento do emprego e a actividade económica das persoas traballadoras autónomas con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, microempresas e, excepcionalmente, as pemes que desenvolven a súa actividade económica nos sectores especialmente paralizados pola COVID-19.

Beneficiarias: As persoas ou entidades beneficiarias serán as persoas traballadoras autónomas con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica e, excepcionalmente, as pemes sempre desenvolven a súa actividade económica nos sectores especialmente paralizados.

Importe das axudas: A axuda será de 4.000 €, que se aboará en dous pagamentos de 2.000 € na anualidade 2020 e de 2.000 € na anualidade 2021, xa que a situación pola que se concede a axuda estende as súas consecuencias tanto en 2020 como en 2021.

A axuda será de 5.000 € para as persoas ou entidades beneficiarias que pertenzan aos sectores especialmente paralizados. Esta axuda aboarase en dous pagamentos de 2.500 € cada un deles, o primeiro pagamento realizarase xunto coa concesión da axuda na anualidade 2020 e o segundo farase na anualidade 2021, xa que a situación pola que se concede a axuda estende as súas consecuencias tanto en 2020 como en 2021.

Prazo de presentación de solicitudes: será dun mes desde o día seguinte á data de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

 

Programa II hostalaría: axudas ao sector da hostalaría cun orzamento de 17.000.000 €, con cargo aos fondos finalistas e propios do Estado e fondos propios.

Obxecto: apoiar as persoas traballadoras autónomas persoa física ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas, as pemes, calquera que sexa a súa forma xurídica e que pertenzan ao sector da hostalaría e que se vexan afectadas polo peche conforme a normativa ditada polas autoridades sanitarias.

Beneficiarias: as persoas traballadoras autónomas persoa física, ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas, as pemes do sector de hostalaría; tamén se consideran dentro do sector da hostalaría os hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos que cumpran determinados requisitos establecidos na orde. 

Importe das axudas: a axuda por establecemento será de 1.500 € por mes de paralización da actividade, desde o mes de outubro, cun mínimo de dúas semanas, aplicándose neste caso a parte proporcional por períodos de dúas semanas. Neste sentido, os que teñen paralizada a actividade dúas semanas recibirán 750 €.

No caso dos establecementos que ocupen 10 persoas traballadoras ou máis de 10 (pemes) percibirán a cantidade de 2.000 € por mes paralizado, desde o mes de outubro, cun mínimo de dúas semanas, aplicándose neste caso a parte proporcional. Neste sentido, os que teñen paralizada a actividade dúas semanas recibirán 1.000 €.

As axudas serán por establecemento paralizado, podendo ter a persoa ou entidade beneficiaria máis dun establecemento con dereito a axuda.

Prazo de presentación de solicitudes: será dun mes desde o día seguinte á data de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

En relación a este programa de axudas á hostalería, se publica unha nova orde na que se especifica que entenderase como semana completa a fracción desta cando a prohibición de apertura do establecemento ou peche perimetral do concello se deixase sen efecto mediante o establecido na Orde da Consellería de Sanidade, do 3 de decembro de 2020, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Pode visualizar máis información sobre o Programa I de microempresas aquí. 

Pode visualizar máis información sobre o Programa II da hostalería aquí. 

 

 

Venres, 27 November, 2020 - 09:15 to Luns, 28 December, 2020 - 09:15

Compartir