Axudas funcionamento entidades asociativas de economía social - PECHADO O PRAZO
Subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción.
Entidades beneficiarias: poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda:
- As asociacións de cooperativas e de sociedades laborais, para as actuación previstas no programa I.
- As asociacións de centros especiais de emprego e de empresas de inserción laboral para as actuacións previstas no programa II.
Obxecto: establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións destinadas a sufragar os gastos de organización interna e funcionamento de entidades representativas da economía social, a través dos seguintes programas de axudas:
- Programa I: Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.
- Programa II: Fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral.
Gastos subvencionables: considéranse gastos de funcionamento subvencionables, entre outros, os que se indican a continuación:
- Alugueiros de locais e equipamentos
- Gastos de persoal da asociación
- Axudas de custo e desprazamento
- Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas e auga
- Primas de seguros
- Material de oficina, comunicacións e publicacións diversas
- Mantemento da páxina web da asociación e xestión de redes sociais, difusión e publicidade
- Servizos profesionais independentes
- Cotas asociativas a entidades de intercooperación
- Gastos de participación do persoal pertencente á entidade beneficiaria en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante.
Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Para consultar a orde, prema aquí.
Podes consultar o folleto asociacións 2020.