Axudas a centros especiais de emprego (CEE)
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publica as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para a anualidade 2023.
A finalidade desta convocatoria é garantir a empregabilidade das persoas con discapacidade. Para logralo establécense os seguintes programas:
- Programa I: axudas ás unidades de apoio á actividade profesional dos centros especiais de emprego
- Programa II: axudas á creación de postos de traballo estables para persoas con discapacidade e adaptación de postos nos centros especiais de emprego
- Programa III: axudas ao mantemento do custo salarial das persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego
As persoas destinatarias finais destas axudas son persoas desempregadas ou ocupadas que teñan un grao de discapacidade recoñecido superior ou igual ao 33 %, que teñan un contrato laboral co CEE ou que sexan persoas socias traballadoras, no caso de que o CEE sexa unha cooperativa, e que desempeñen o seu posto de traballo en Galicia.
As solicitudes de subvención deberán presentarse por separado para cada un dos programas e obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta.
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 11 de outubro de 2023.
Antes de presentar a solicitude, consulta a orde completa premendo aquí.
Para descargar o folleto do programa, preme aquí.