Axudas ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras

Publicadas no DOG as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras na anualidade 2021.  

Obxecto: promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción que teñan centros de traballo en Galicia a través de 2 programas: 

  • Programa I: axudas ao mantemento do custo salarial das persoas traballadoras en risco ou situación de exclusión social.
  • Programa II: axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social.

Poderán ser entidades beneficiarias:

  • As entidades promotoras de empresas de inserción laboral e as empresas de inserción laboral inscritas como tales no Rexistro Administrativo das Empresas de Inserción Laboral de Galicia.
  • Aquelas empresas que na data de presentación da solicitude da axuda teñan solicitado a súa cualificación como empresa de inserción laboral.

Prazo de presentación de solicitudes: o prazo de presentación das solicitudes referentes ao Programa I finalizará o 12 de abril de 2021 e as referentes ao Programa II finalizará o 30 de setembro de 2021.  

Para consultar a orde, preme aquí.

Se queres consultar o folleto da axuda preme aquí.

 

Venres, 12 February, 2021 - 09:15 to Xoves, 30 September, 2021 - 09:15

Compartir