Axudas ao emprendemento para o 2024
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publica as bases reguladoras das axudas para apoiar iniciativas de emprendemento para a anualidade 2024.
Cal é a finalidade destas axudas?
A finalidade é facilitar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica e á súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade, a través do apoio ao financiamento do investimento realizado e pagado entre o 30 de setembro de 2023 e a data da presentación da solicitude.
Quen pode solicitar estas axudas?
- Persoas traballadoras autónomas
- Mutualistas
- Pequenas e medianas empresas
- Cooperativas
- Sociedades laborais
- Empresas de inserción
- Centros especiais de emprego
Cales son os conceptos subvencionables?
- Equipamento informático
- Activos intanxibles: activos que non teñen unha materialización física ou financeira
- Investimentos en eficiencia enerxética
- Adquisición de bens de equipamento e mobiliario
- Reforma e habilitación das instalacións do local de negocio
- Gastos notariais e/ou rexistrais
- Gastos de alugamento de inmobles para a realización da actividade
- A adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipo de segunda man
Ata cando se pode presentar as solicitudes?
O prazo de presentación de solicitudes comezará o 12 de febreiro e finalizará o 28 de xuño de 2024.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.