Axudas á igualdade, á conciliación e á RSE - PECHADO O PRAZO

A Consellería de Emprego e Igualdade abre o prazo para solicitar as Axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a Rse na convocatoria para o ano 2021.

O obxectivo destas axudas é fomentar a responsabilidade social nas pequenas e medianas empresas e as persoas traballadoras autónomas de Galicia, como unha ferramenta para xerar emprego de calidade.

Establécense tres liñas de axudas:

  • Liña I: Axudas para a elaboración e implantación de plans de igualdade.
  • Liña II: Axudas á conciliación. Esta liña á súa vez, comprende tres subliñas:
    • Incentivos para o fomento do teletraballo
    • Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria
    • Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo
  • Liña III: Axudas para as certificacións de RSE.

Este ano o orzamento total ascende a 2.613.000 euros.

Poderanse acoller a estas subvencións, as pemes ou persoas traballadoras autónomas que cumpran os requisitos do Artigo 5 das bases reguladoras.

prazo de presentación de solicitudes é ata o 10 de xuño.

Para consultar a orde completa prema aquí.

 

Luns, 24 Maio, 2021 - 10:00 to Xoves, 10 June, 2021 - 10:00

Compartir