Asiste como público á feira virtual de economía social do 30 de outubro

Confederación Empresarial de Ourense (CEO) organiza a "FEIRA VIRTUAL DE ECONOMÍA SOCIAL" para o próximo 30 de outubro de 2020.

Neste evento, as 10 entidades de economía social e emprendedores que van participar terán a posibilidade de amosar os seus produtos e/ou servizos ante o público virtual asistente.

Se queres coñecer as entidades expositoras deste evento virtual, animámoste a que visites a web e as coñezas premendo nesta ligazón. 

Se desexas asistir como público asistente debes inscribirte a través deste formulario. E se a maiores desexas ter unha reunión para coñecer máis en profundidade as proxectos participantes, axedámoscha a través deste outro formulario tendo en conta a túa preferencia horaria.

E tamén poderás facelo ou comentar calquera consulta a través do 610 17 43 88.

  • Para máis información: http://ceoeconomiasocial.es/
  • A data límite de inscrición para participar como público asistente é o 26 de outubro de 2020.
  • Participación gratuíta.

 

 

 

Venres, 30 October, 2020 - 10:30 to 20:00

Compartir