LOADING

Asesoramento e acompañamento de proxectos

En que vos pode axudar a Rede Eusumo?

  • Axúdavos a xerar a idea de negocio, así como o desenvolvemento da mesma.
  • Asesóravos e acompáñavos nos vosos proxectos empresariais.
  • Procúravos socios para formar o Grupo Promotor.
  • Garántevos formación e información en cooperativismo e economía social.
  • Facilítavos todo o apoio necesario nos trámites administrativos para constituír a vosa cooperativa (trámites de constitución, elaboración dos estatutos…)

Ademais …

  • Asesora e acompaña as cooperativas no ámbito societario e en materia de xestión empresarial.
  • Axuda as cooperativas a impulsar novas liñas de negocio e xerar novos proxectos
  • Traballa na definición do modelo empresarial e a elaboración do plan de empresa para as cooeprativas.

A Rede Eusumo adáptase a vós...

  • Se queres gozar dun asesoramento presencial achégache aos nosos centros cooperativos de atención permanente ou ás nosas Oficinas de Fomento Cooperativa, onde atoparás aos técnicos da rede eusumo dispostos a asesorarche en todo o que necesites.
  • Se o prefires podes solicitar o asesoramento online eusumo, onde atoparás o mellor asesoramento cooperativo adaptado ás túas necesidades.

Non o dubides, contacta coa Rede Eusumo