Aprende a desenvolver o teu proxecto de economía social Ed. XII
NOVA EDICIÓN DA TELEFORMACIÓN APRENDE A DESENVOLVER O TEU PROXECTO DE ECONOMÍA SOCIAL
Datas: do 16 de marzo ao 6 de abril de 2020
Modalidade: en liña
Duración: 20 horas
Obxectivo: este curso recolle diversos capítulos que percorren, dun xeito práctico, as pautas, os recursos e os coñecementos para abordar con éxito un proxecto empresarial de economía social.
Público obxectivo: dirixido a todas as persoas interesadas en emprender baixo as fórmulas de economía social ou que queiran consolidar os seus proxectos empresariais.
Inscrición:
- Gratuíta
- Prazo para inscribirse ata o 15 de marzo
- Accede ao formulario de inscrición
- Podes inscribirte tamén no 981558008 ou en eusumo.emprego@xunta.es
Descarga aquí o folleto do curso para coñecer o programa completo.