Almorzo informativo en tempos da covid-19

Cegasal organiza este almorzo informativo dentro das actividades 2020 previstas na Rede Eusumo:

ALMORZO INFORMATIVO EN TEMPOS DA COVID-19
 

Data: 15/06/2020

Horario: 10:00 horas

Duración: 1:30 horas

Modalidade: en liña (a través de Skype)

Obxectivo: celebrar o segundo encontro virtual con socios para abordar a situación extraordinaria que se está vivindo, así como as medidas extraordinarias solicitadas por CEGASAL á administración autonómica como consecuencia da covid-19

Trataranse as seguintes cuestións:

  • ​Situación actual da economía social galega /CEEis
  • Asesoramento ante a crise sanitaria
  • Financiamento
  • Contratación pública responsable
  • Medidas extraordinarias solicitadas á administración

Entregarase mediante correo electrónico:

  • Información sobre a liña de préstamos bonificados pola Xunta de Galicia (aquí podes visualizala infografía).
  • Información sobre o plan de dixitalización da Xunta de Galicia (podes premer aquí para ver a infografía).
  • Borrador de medidas extraordinarias acordadas para os CEE coa administración autonómica (preme aquí para visualizar o contido).

Podes solicitar a túa participación a través de: info@cegasal.com

 

Luns, 15 June, 2020 - 10:00 to 11:30

Compartir