Almorzo cooperativo virtual: sector turismo, ambiente e patrimonio
Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:
ALMORZO COOPERATIVO VIRTUAL: SECTOR TURISMO, AMBIENTE E PATRIMONIO
Data: o 17 de marzo de 2021
Horario: de 16:30 a 18:30 h
Modalidade: en liña (plataforma virtual)
Duración: 2 horas
Destinatarios:
- Cooperativas socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop dos sectores Turismo, Ambiente e Patrimonio.
Obxectivo:
- Servir ás socias que participen a presentar e abordar iniciativas, proxectos, colaboracións, ou necesidades neste sector. Promovendo ao mesmo tempo a intercooperación.
Programa:
16.30 h Benvida a persoas e cooperativas participantes.
16.45 h Presentación e actualización da situación das cooperativas participantes.
17.15 h Presentación, debate e acordo sobre propostas de colaboración concretas e viábeis para 2021, por parte das cooperativas participantes.
18.30 h Peche da sesión.
Inscrición:
- Gratuíta
- A través do formulario de inscrición / ramon@espazo.coop / 881 887 456
Mércores, 17 March, 2021 - 16:30 to 18:30