Almorzo cooperativo virtual: oportunidades para a economía social nas políticas públicas
Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:
ALMORZO COOPERATIVO VIRTUAL: OPORTUNIDADES PARA A ECONOMÍA SOCIAL NAS POLÍTICAS PÚBLICAS
Data: o 17 de marzo de 2021
Horario: de 12:00 a 14:00 h
Modalidade: en liña (plataforma virtual)
Duración: 2 horas
Destinatarios:
- Cooperativas de EspazoCoop, do sector asesorías e consultorías.
Obxectivos:
- Desenvolver un encontro que poida servir para que as participantes accedan a información na temática a abordar. Trátase dun encontro informativo e de intercambio con cooperativas da Sectorial de Asesorías de EspazoCoop, entre outras.
Programa:
12:00 h. - Benvida das persoas e entidades.
A continuación:
- Accións para mellorar a competitividade de empresas cooperativas e de economía social.
- Oportunidades de negocio e actividade económica.
- Retos a abordar e respostas dende as consultorías e as asesorías.
- Coordinación da dinamización da sectorial.
14:00 h. - Peche da sesión.
Inscrición:
- Gratuíta
- A través do formulario de inscrición / tino@espazo.coop / 881 887 456