Almorzo cooperativo en Meaño

Agaca desenvolve a seguinte actividade formativa/divulgativa no marco da Rede Eusumo:
 

ALMORZOS E MICRORELATOS COOPERATIVOS
 

Data: 24 de xaneiro de 2020

Horario: de 09:00 a 12:00 horas

Lugar: no CEIP As Covas, Meaño (Pontevedra)

Actividade: Sesións teórico-prácticas con poboación en idade escolar (nenos de 3º e 4º de primaria) nas que os pequenos reforzan coñecemento teórico sobre hábitos de alimentación saudables, en especial, o de almorzar todos os días xunto coa práctica da actividade física, incluíndo para iso un almorzo nutritivo e saudable, e o coñecemento básico do cooperativismo mediante o exercicio dun xogo cooperativo a realizar cos nenos, aos que a maiores se lles entrega un pequeno manual/cómic elaborado para estas accións sobre diferentes xogos cooperativos, e , finalmente, acompañado por un maior coñecemento real da produción láctea, tan importante en Galicia.

1. Breve presentación en powert point a realizar por un nutricionista sobre as claves para facer todos os días un almorzo moi saudable (adaptado a idade dos nenos e, por tanto, moi visual).

2. Realización e degustación real dun almorzo na propia aula a base de leite ou derivados lácteos, unha peza de froita, pan artesán fresco con mel e/ou aceite virxe extra de oliva. Entrega e explicación do poster sobre o almorzo para que o leven para as súas casas e implicar aos papás.

3. Entrega e realización na aula con todos os alumnos dun Xogo Cooperativo escollido explicitamente, explicando que é unha cooperativa e a importancia das cooperación para as persoas. Entrega dun manual/cómic a cada neno que participa.

4. Explicación das bases do concurso de microrelatos e implicación dos mestres presentes.

Preme aquí para coñecer como comezar o día con enerxía.

 

Venres, 24 January, 2020 - 09:00 to 12:00

Compartir