[AFORAMENTO COMPLETO] Do 21 ó 24 de maio: Xornada de formación "Mergúllate na economía social" para técnicos e orientadores de emprego

A Consellería Economía, Emprego e Industria, a través da Rede Eusumo, organiza os días 21, 22, 23 e 24 de maio a xornada "Mergúllate na economía social", como unha iniciativa máis na súa labor de fomentar a Economía Social e as súas fórmulas de emprendemento como xeradoras de emprego e de empresas de calidade.

A xornada está dirixida á rede de técnicos de emprego e os orientadores laborais, para que coñezan en primeira persoa as peculiaridades e potencialidades da Economía Social.

A Secretaría Xeral de Emprego considera imprescindible a asistencia ás devanditas xornadas, co obxectivo de mellorar as capacidades e os coñecementos técnicos dos axentes antes citados en materia de emprendemento e xestión de proxectos de economía social, para lograr, deste xeito, promover e facer chegar modelos empresariais de economía social a toda a comunidade autónoma de Galicia.

 

Para facilitar a participación do maior número de axentes posible, convócanse xornadas formativas nas catro provincias galegas:

 

·         21 de maio de 10:00 a 14:00 h. OURENSE, Confederación de Empresarios de Ourense

·         22 de maio de 10:00 a 14:00 h. PONTEVEDRA, Casa das Campás

·         23 de maio de 10:00 a 14:00 h. SANTIAGO DE COMPOSTELA, Secretaría Xeral de Emprego

·         24 de maio de 10:00 a 14:00 h. LUGO, Fundación CEL

 

Rogamos a súa inscrición a través do teléfono 981 558 008 ou en eusumo.emprego@xunta.gal con copia a redemprego@xunta.gal

Prema na seguinte imaxe para descargar o programa da xornada:

Martes, 8 Maio, 2018 - 17:30

Compartir