ADN cooperativo fronte á crise

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:

ADN COOPERATIVO FRONTE Á CRISE
 

Datas: do 13 ao 27 de outubro

Horario e modalidade: a través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop
Habendo dúas sesións virtuais de aprendizaxe: os días 13 de outubro (sesión inicial) e 27 de outubro (sesión final) en horario de 11:00 a 12:30 horas.

Duración: 15 horas

Destinatarios: dirixido preferentemente ás cooperativas asociadas á Unión de Cooperativas EspazoCoop, outras cooperativas non asociadas e ás organizacións de economía social e público interesado en xeral.

Obxectivos: 

- Atender as necesidades formativas específicas de mellora na xestión empresarial e capacitación para a dirección e xerencia das cooperativas participantes.
- Mellorar a situación dos procedementos e sistemas de dirección empresarial das cooperativas participantes, mediante operativas adaptadas ao modelo.
- Divulgar de forma práctica ás cooperativas participantes, boas prácticas, ferramentas e habilidades que permitan a mellora dos seus procedementos de xestión e sistemas de dirección .
- Potenciar o coñecemento mutuo e intercambio de experiencias das cooperativas participantes que permitan establecer alianzas futuras.

Programa formativo:

  • ADN Cooperativo fronte a crise. Como traballamos nas cooperativas.
  • Coidados en tempos de crise: empezar polo importante.
  • A comunicación: desenvolver unha comunicación fluída e eficaz incluso na distancia.
  • En época de crise tamén tomamos decisións. Ferramentas para mellorar os procesos de indagación e toma de decisións.
  • Liderando en época de crise.

Inscricións:

- Coste da matrícula a ingresar na conta bancaria ES10 3070 0035 2060 2721 0522 e co envío xustificante de ingreso a: patane@espazo.coop (Patane García Méndez)
Cooperativas socias de EspazoCoop e cooperativas en proceso de creación acompañadas por Espazocoop e con compromiso de asociarse á Unión: 25€ por persoa
Cooperativas non asociadas. Entidades da economía social pertencentes a organizacións do Foro pola Economía Social Galega e REAS Galicia: 50 € por persoa.
Persoas interesadas non pertencentes a entidades anteriormente mencionadas: 100 € por persoa.
- A través do seguinte formulario.
- Máis información en patane@espazo.coop / 881 887 456 ou www.espazo.coop

Se queres visualizar o  cartel preme aquí.

 

Martes, 13 October, 2020 - 11:00 to Martes, 27 October, 2020 - 11:00

Compartir