LOADING

Novas

Certamen Cooperativismo no ensino 2017. NOVO: PUBLICADA A PROPOSTA DE TRABALLOS PREMIADOS

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, co fin de difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime espe­cial de Galicia, establece as bases reguladoras para o certame Cooperativismo no ensi­no, dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia, e aproba a súa convocatoria para o ano 2017.

Galicia, presente no maior Cumio Europeo sobre economía social

A economía social de Galicia participou no maior Cumio Europeo sobre economía social, que se celebrou en Madrid organizado polo Confederación Empresarial Española de la Economía Social (CEPES), Social Economy Europe (SEE) e o Goberno de España. En representación do sector na nosa comunidade destacou a presenza da Secretaria Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Covadonga Toca, o presidente de Agaca (e vicepresidente de Cepes), José Montes, e o presidente de Espazocoop, Celso Gándara. Todos eles posaron xunto co presidente de CEPES, Juan Antonio Pedreño.

Páginas