LOADING

Actualidade

Xornada de orientación profesional: ámbito educativo e laboral. Curso 2017-18

O vindeiro mércores 29 de novembro de 2017, terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, na rúa Miguel Ferro Caaveiro s/n - San Lázaro, en Santiago de Compostela, a "Xornada de orientación profesional: ámbito educativo e laboral. Curso 2017-2018". Esta xornada está dirixida aos profesionais de orientación dos centros educativos e do ámbito laboral. Trataranse aspectos relacionados coa cualificación das persoas, a súa empregabilidade e as medidas de apoio dispoñibles.
 
Galician

O II Foro de Economía Social Inspiradora. Emprendemento Cooperativo terá lugar o 28 de novembro. Aínda podes inscribirte!

O 28 de novembro á partir das 9:30 h no CERSIA as persoas asistentes ao "II Foro de Economía Social Inspiradora. Emprendemento Cooperativo", poderán coñecer e compartir as experiencias de cooperativas como a compostelá Numax, Premio da Cultura Galega 2016 na categoría de Audiovisual; Feitoría Verde ou EntrePedras. Tamén terán presencia as empresas de inserción laboral a través de Anaco, os proxectos de colaboración entre cooperativas e as asociacións que as representan coa participación da Unión de Cooperativas Espazocoop e da Rede de Economía Alternativa e Solidaria (REAS).

Galician

A Rede Eusumo organiza o 13 de decembro a "Xornada para axentes intermedios: Mergúllate na economía social"

A Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria convida aos axentes de emprego e desenvolvemento local, técnicos de emprendemento e emprego de entidades sén ánimo de lucro e outros axentes intermedios  que teñan un contacto directo con emprendedores e queiran coñecer a economía social e as súas fórmulas empresariais a participar nunha xornada cuxo obxectivo é promover a economía social e os seus valores entre axentes intermedios que apoian o impulso de proxectos empresariais, así como divulgar os recursos e ferramentas de apoio existentes.

Galician

A Xunta intercambia con Euskadi e Navarra experiencias sobre economía social para consolidar o emprego neste sector

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, reunirase en Pamplona e Vitoria con responsables autonómicos e de asociacións para coñecer as súas boas prácticas neste eido para potenciar a creación destas entidades en Galicia 
 
Toca estará acompañada na viaxe por membros de Espazocoop, a unión de cooperativas máis representativa de Galicia, para coñecer a dimensión social, laboral e económica das empresas de economía social nas dúas comunidades
 
Galician

Páxinas