Acto "Mulleres na economía social" cambio de localización por mor do mal tempo

A Consellería de Emprego e Igualdade organiza o acto Mulleres na economía social para o próximo luns 7 de marzo ás 11:00 horas no Edificio Administrativo San Caetano (Rúa de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

O evento comezará coa intervención da directora do Centro de Estudos Cooperativos da Universidade de Santiago de Compostela, continuará cunha mesa redonda na que participarán distintas personalidades en representación da economía social de Galicia, entre elas a Directora Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, a Presidenta da Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop, a Presidenta da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias e a Presidenta da Asociación de Empresas de Inserción de Galicia, e por último, o evento será clausurado pola Conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana.

Este acto ten como obxecto presentar a 4º edición da campaña "Mulleres na economía social 2022", e na que as protagonistas son as mulleres, destacando o seu papel na economía social de Galicia como modelo de xeración de riqueza que aposta pola igualdade de oportunidades e o desenvolvemento sustentable.

Prégase confirmación de asistencia antes deste venres 4 de marzo na seguinte dirección de correo: gabinete.emprego.igualdade@xunta.gal.

 

NOVA LOCALIZACIÓN:  Edificio Administrativo San Caetano (Rúa de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

 

Luns, 7 March, 2022 - 11:00 to 12:00

Compartir