Actividades de Sensibilización Medio Ambiental e Fomento das EIL
Aeiga, a través da Rede Eusumo, organiza a seguinte campaña educativa de sensibilización medioambiental e fomento da figura das Empresas de Inserción en centros educativos de formación primaria, ESO e Bacherelato:
CHARLAS INFORMATIVAS DE SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL E FOMENTO DAS EMPRESAS DE INSERCIÓN
Destinatarios: Docentes e persoal de centros educativos e alumnos de Educación Primaria e ESO de centros públicos e privados
Modalidade: presencial
Duración: 50 min
Obxectivos:
- Sensibilización no ámbito da educación (diversos Centros Educativos de Galicia, sobre todo nas cidades onde as Empresas de Inserción prestan os seus servizos).
- Fomentar entre os escolares a adquisición de hábitos de redución e reciclado do residuo.
- Integrar o entorno escolar co familiar.
- Fomentar a capacidade de compromiso do alumnado nunha actividade conxunta na que a colaboración de todos sexa indispensable e trasladar dita responsabilidade a outras actividades e esferas da súa vida.
- Difusión e coñecemento das Empresas de Inserción Laboral.
- Fomento da Responsabilidade Social coas Empresas de Inserción Laboral
Para máis información: medioambiente@aeiga.org / www.aeiga.org / 881 957452 – 698 120 455