Actividades da rede Eusumo a desenvolver por Agaca en Marzo 2017

Actividade: DIVULGACIÓN DO EMPRENDEMENTO E DE EXPERIENCIAS COOPERATIVAS COMO MODELO DE ÉXITO NOS INSTITUTOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA - IES DE GALICIA
Centro: LEIRAS PULPEIRO de Lugo
 
Datas: 23 de marzo 2017
Horario: 9:00 a 14:00
Lugar visita: CASA GRANDE DE XANCEDA. Lg. Casa Grande de Xanceda, Mesia (A Coruña)
 
 
OBXECTIVOS: Charlas formativas sobre emprendemento cooperativo nos IES para divulgar entre os alumnos os proxectos cooperativos de éxito como modelo de emprendemento. Visitas a cooperativas da zona, cos escolares dos IES, para comprobar e coñecer o modelo de empresa cooperativa.
1. Presentación sobre o espírito emprendedor cooperativo: perfil do emprendedor en xeral e da comarca en particular, xuventude emprendedora, razóns que levan a unha persoa a apostar polo autoemprego, casos de boas prácticas.
2. Exercicio práctico de habilidades emprendedoras: onde os alumnos poderán poñer en práctica a súa capacidade emprendedora.
3. Oportunidades de negocio no medio rural: presentación de oportunidades de negocio no medio rural. Exposición de casos de éxito de emprendemento no medio rural. Os alumnos poderán opinar e incluso completar coas súas propias ideas.
4. Visita didáctica a cooperativa FEIRACO, COOPERATIVA O VAL,CASA GRANDE DE XANCEDA etc.: os participantes serán guiados a través das instalacións da cooperativa comprobando “in situ” como se organiza o seu traballo diario
 
RELACION DE PONENTES:  MARIA REY CAMPOS, CARLOS ARES FERNANDEZ
 

Jueves, 23 Marzo, 2017 - 03:00 to 08:00