Aberto o prazo de inscrición da Aceleradora ES-Conecta ata o 23 de xaneiro de 2019

A Secretaría Xeral de Emprego pon en marcha o programa ES CONECTA, unha aceleradora de economía social que se estrutura nun programa de alto rendemento, duns catro meses de duración, que combina, baixo a supervisión dun equipo de especialistas, un conxunto de accións baseadas na formación, a titorización, o coaching, a mentorización e o apoio no acceso a financiamento externo. Estas accións están orientadas a persoas ou empresas da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal que queiran desenvolver un proxecto de economía social.

Obxectivos

  • Fomentar o emprendemento a través da mellora dos coñecementos e experiencias.
  • Garantir o éxito do desenvolvemento das actividades.
  • Avaliar, medir e formar as persoas emprendedoras.
  • Identificar sinerxías de proxectos e fomentar o networking.
  • Fomentar o ecosistema emprendedor.

Máis información

Pode descargar o folleto informativo aquí.

Bases e convocatoria

Pode descargar as bases e convocatoria aquí.

Candidatura en liña (inscrición)

Para formular unha candidatura deberá cubrirse o formulario e anexarse a memoria dispoñible na seguinte ligazón:

https://goo.gl/forms/taWYNjPLSbrPYkGS2

 

Luns, 31 December, 2018 - 13:30

Compartir