Aberta a convocatoria do 2023 das axudas ao funcionamento das entidades asociativas de economía social

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria para o ano 2023 da axuda ao funcionamento das entidades asociativas de economía social, cunha dotación total de 330 000 euros.
A finalidade é sufragar os gastos de funcionamento das entidades representativas da economía social.
Esta subvención está dividida en dous programas:
-
PROGRAMA I: destinado ao fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais, cun crédito inicial de 230 000 euros.
-
PROGRAMA II: destinado ao fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral, cun crédito inicial de 100 000 euros
As entidades interesadas en solicitar dita axuda deben cumprir os seguintes requisitos:
-
Estar legalmente constituída e inscritas no rexistro público correspondente da Comunidade Autónoma de Galicia.
-
Estar ao día das obrigas tributarias e de Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública de Galicia.
-
Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.
Os formularios de solicitude deberanse presentar obrigatoriamente a través de medios electrónicos entre o 23 de xaneiro e o 23 de febreiro de 2023. A Subdirección Xeral de Economía Social da Secretaria Xeral de Promoción do Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social será o órgano competente encargado da tramitación e resolución destas axudas.
Antes de presentar a solicitude, consulta a orde completa no DOG, onde se atopan as bases reguladoras especificadas, incluíndo todos os gastos de funcionamento que se consideran subvencionables.
Tamén podes consultar o folleto da axuda premendo aquí.