7 factores clave e beneficios do plan de negocio cooperativo

O plan de empresa (tamén denominado plan de viabilidade, plan de negocio, memoria do proxecto...) é un documento que identifica, describe e valora as posibilidades técnicas e económicas do proxecto empresarial. Este documento, imprescindible para a posta en marcha dunha empresa, recolle, ademais, todos os aspectos e os elementos necesarios para facer realidade o proxecto.
O plan de empresa é unha ferramenta que lles permite aos promotores do proxecto, por un lado, analizar e desenvolver unha idea de negocio co obxectivo de levala á práctica, mentres que, por outro, permite presentar esta idea a outras persoas e institucións externas á empresa.
Como documento de traballo, nun plan de empresa desenvólvese a idea de negocio que se pretende poñer en marcha. Así, é útil á persoa emprendedora para:
- Reflexionar sobre cada paso que se ten que dar para crear o negocio, analizar alternativas e estar seguro dos pasos que hai que realizar cando se inicie a nova actividade.
- Posuír un medio de control para saber, en cada momento, se se está na dirección correcta.
- Dispoñer dun documento de presentación do proxecto a investidores e entidades financeiras por se é necesario financiamento alleo.
Ademais, o plan de empresa fai tamén as seguintes funcións:
- Demostrar a consistencia e a coherencia do proxecto.
- Estudar as liñas de actuación futuras da empresa.
- Establecer a unión e a implicación necesarias entre os promotores, no caso de que sexan máis dun.
- Ser o instrumento fundamental para a busca de recursos económicos necesarios para a posta en marcha da empresa.
- Planificar e tomar decisións, comparando, unha vez posto en marcha o negocio, a evolución real coas previsións, de tal forma que se poidan analizar as desviacións e, en caso de ser necesario, tomar medidas correctoras a tempo.
- Reflexionar sobre a idea e detectar puntos fortes e febles que nos permitan avaliar a posta en marcha da empresa e o papel e o equilibrio entre as persoas socias participantes no proxecto.
Elementos comúns e beneficios do plan
O contido dun plan de empresa variará dun proxecto a outro e estará moi relacionado coa actividade que se vai desenvolver, a dimensión do proxecto e o volume do investimento que se vai realizar. Debe ser sintético e claro e non axustarse a ningún contido estándar.
É posible definir distintos modelos válidos de plan de empresa, pois cada proxecto ten as súas características propias que o diferencian dos demais. Non obstante, si se pode definir un conxunto de factores ou elementos comúns a todos eles aos que se debe facer referencia:
En resumo, pódese dicir que os beneficios que achega a elaboración dun plan de empresa son os seguintes:
- Reduce a incerteza inicial do proxecto, xa que o plan esixe buscar datos e información sobre todos os aspectos que van influír no resultado da empresa (ámbito, mercado...).
- Vai dar información sobre as posibilidades da cooperativa, é dicir, a viabilidade de que:
- O voso produto ou servizo sexa “fabricado” realmente.
- Sexa aceptado pola posible clientela.
- O proxecto xere beneficios que permitan a supervivencia e o crecemento da cooperativa.