3º encontro en Vigo da iniciativa "Informa, apoia e asesora en economía social" coa presentación de Covadonga Toca Carús

Hoxe, 13 de febreiro, Covadonga Toca, Secretaria Xeral de Emprego presenta en Vigo o terceiro dos encontros con axentes intermedios que organiza a Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Rede Eusumo e dentro da iniciativa de fomento da economía social "Informa, apoia e asesora en economía social".

Os encontros están destinados a técnicos de emprego, orientadores laborais, técnicos de IGAPE, técnicos dos Grupos de Desenvolvemento Rural ou dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro, para que coñezan os recursos existentes en materia de economía social da man da Secretaría Xeral de Emprego, podendo, deste xeito, achegar os modelos empresariais de economía social a toda as persoas ás que asesoran e orientan.

Nos vindeiros días terán lugar máis xornadas en diferentes puntos da xeografía galega:

LOCALIZACIÓN DATA
Ourense 14 de febreiro
Vilagarcía de Arousa  19 de febreiro
A Coruña  20 de febreiro

Para descargar o programa completo da xornada preme aquí.

Se estás interesado en inscribirte, cubre o seguinte formulario.

 

Xoves, 13 February, 2020 - 11:00

Compartir