3º Edición Agrobiotech Innovation FEST

TERCEIRA EDICIÓN DO ENCONTRO AGROBIOTECH

Programa posto en marcha pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), no que se darán cita as empresas, a administración autonómica, os clústers, as asociacións e os centros tecnolóxicos mais relevantes nos sectores da BIOTECNOLOXÍA, a AGROALIMENTACIÓN e a BIOMASA co obxectivo principal de xerar sinerxias positivas de negocio e interese para todas as partes.

Data: 22 de novembro

Horario: de 09:30 a 19:30 horas

Lugar: Parque Tecnolóxico de Galicia, San Cibrao das Viñas, Ourense.

Programa:

Durante a mañá terán lugar tres mesas redondas deseñadas para favorecer o intercambio de coñecemento especializado sobre cuestións que representan retos de futuro para os sectores implicados. Nelas, abordaranse desde diferentes puntos de vista tendencias emerxentes que supoñen a apertura de novas oportunidades para as empresas, como son o desenvolvemento de alimentos innovadores, a biotecnoloxía fronte á innovación industrial e a economía circular. 

A sesión da tarde centrarase nos combates dialécticos, nos que representantes de empresas en posicións de liderado nos tres sectores de referencia defenderán por parellas enfoques diferentes sobre temas de actualidade. Nueva Pescanova, FINSA, Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN), Cafés Candelas, Galchimia, Quescrem, Bialactis, Ecoplas, Qubiotech e Real Conservera Española enfrontaranse en cinco combates sobre a innovación na grande empresa versus na peme, o financiamento mediante capital risco contra o procedente de business angels, a internacionalización fronte á consolidación no mercado local, os produtos gourmet versus os alimentos funcionais e a I+D interna ou en colaboración entre empresas.

Paralelamente, as empresas participantes no Programa Agrobiotech contarán cunha área de exposición para mostrar os seus produtos e realizar presentacións e demostracións durante todo o evento. A empresa que realice a mellor presentación recibirá un premio na clausura do evento.

Actividades:

- Mesas redondas: charlas temáticas con relatores de referencia de cada un dos tres sectores de interese.

- Combates: duelos dialécticos de expertos sobre dous enfoques diferentes ante temas de actualidade.

- Reunións one2one: reunións bilaterais enfocadas a negocio e establecemento de relacións entre os asistentes.

- Zona expositiva: stands e talleres prácticos para coñecer a fondo ás empresas do Programa Agrobiotech.

Inscricións:

- Gratuítas para visitantes

- A través do seguinte formulario

Para mais información: fest@agrobiotech.galfest.agrobiotech.gal

 

Venres, 22 November, 2019 - 09:30 to 19:30

Compartir