29 de xuño: Networking Mariñeiro. Atréveste a poñer as botas e mariscar por equipos?

O vindeiro 29 de xuño agardámoste para disfrutar dun networking moi especial coas comunidades de emprendedores de Impact Hub Vigo, Aje Vigo e Aje Pontevedra, organizado por Ponle Cara al Turismo.

Conecta con outros emprendedores, comunica o teu proxecto e disfruta dunha experiencia única por un día con actividades enriquecedoras mentres te pos na pel das mariscadoras de Cambados.

Punto de encontro: IMPACT HUB Vigo (Avenida das Camelias, nº 79, 36211 Vigo)

Data: Venres, 29 de xuño 2018 

Horario: 9:00 - 18:00 h

O prezo é de 40 euros e inclúe: autobús desde Vigo/Pontevedra e regreso, guía oficial de Galicia, guía mariscadora profesional, información de destino, seguro, comida, botas de marisqueo en todas as tallas, ferramentas de traballo e actividades.

Para consultar o programa e reservar as túas entradas prema aquí

Venres, 29 June, 2018 - 09:00 to 18:00

Compartir