2º edición do concurso de ideas: CREA ECONOMÍA SOCIAL
A Universidade de Vigo e AJE Pontevedra no marco da Rede Eusumo organizan unha nova edición deste concurso de ideas:
CREA ECONOMÍA SOCIAL
Participantes: Calquera persoa ou grupo que teña unha idea de empresa de economía social para a súa implantación na Comunidade Autónoma de Galicia. En concreto, o concurso esta deseñado para a participación de:
- Estudantes do Campus CREA de PONTEVEDRA
- Persoal Docente e Investigador (PDI) do Campus CREA de PONTEVEDRA
- Persoal de Administración e Servizos (PAS) do Campus CREA de PONTEVEDRA
- Persoas emprendedoras en xeneral.
Obxectivo: premiar as mellores ideas de negocio baseadas en principios de economía social do estudantado, Persoal Docente e Investigador (PDI) e Persoal de Administración e Servizos (PAS), ademais de:
- Identificar e recoñecer as ideas e iniciativas de emprendemento innovadoras.
- Dar visibilidade entre o alumnado do campus crea das iniciativas de emprendemento actuais.
- Fomentar o espírito emprendedor a través da creatividade das persoas participantes e sobre a base dun enfoque integral (social, económico, medioambiental, cultural…)
- Difundir a cultura emprendedora, o talento, a innovación, a difusión do coñecemento e a transferencia de información.
Data límite para presentar a candidatura: ata o mércores 21 de xuño de 2022.
Premios:
- Mellor idea de negocio en artes, comunicación e creatividade.
- Mellor idea de negocio en educación, innovación social e xestión pública
- Mellor idea de negocio en deporte, saúde e benestar
- Mellor idea de negocio en medio ambiente e natureza
Para participar: entregar en contacta@creaeconomiasocial.com o formulario de candidatura que aparece na páxina web do concurso www.creaeconomiasocial.com ou un vídeo de non máis de 1 minuto coa descrición da idea de negocio, a necesidade que cubre, o produto ou servizo que comercializa.
Asesoramento previo a presentar a candidatura: as persoas que desexen participar contarán cun servicio de apoio que lles axude a resolver as súas dúbidas antes de presentar a candidatura. Para poder solicitar este asesoramento terá que escribir a contacta@creaeconomiasocial.com deixando os datos de contacto. Tamén poderán participar nunha serie de talleres nos que aprender a identificar problemas, deseñar produtos e servizos adaptados á realidade social e económica, deseñar procesos de compra e venda e coñecer casos de éxito.
Para máis información: www.creaeconomiasocial.com