“EMPRENDER BAIXO A FÓRMULA COOPERATIVA” EN RIANXO

· A Rede Eusumo organiza a xornada de promoción do cooperativismo titulada “Emprender baixo a fórmula cooperativa”. Esta actividade está integrada no plan de actuación da rede para este ano 2015

· Esta Xornada terá lugar o día 2 de marzo no IES Félix Muriel de Rianxo. A través da mesma preténdese amosar as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais.

· Con esta xornada búscase achegar o modelo empresarial cooperativo a persoas desempregadas e persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego.

 

 

A Dirección de Traballo e Economía social da Consellería de Traballo e Benestar, a través da Rede Eusumo, continúa apostando pola fórmula cooperativa como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais.

No plan de actuación 2015 da Rede Eusumo intégrase a Xornada “Emprender baixo a fórmula cooperativa”, unha Xornada destinada a amosar as particularidades, características e vantaxes deste modelo empresarial. Os asistentes terán a oportunidade de adquirir coñecementos básicos sobre cooperativismo e así valorala posibilidade de levar a cabo o seu propio proxecto cooperativo.

 

  • Achegar o modelo cooperativo a persoas desempregadas e persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego.
  • Dar a coñecer o modelo cooperativo: as súas características e particularidades.
  • Mostrar os recursos e ferramentas a disposición do impulso ao cooperativismo.

 

Esta xornada, dirixida a persoas desempregadas e persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego, terá lugar o 2 de marzo, no Concello de Rianxo, nas instalacións do IES Félix Muriel, en horario de 12:15 h. a 14:15 h.

 

 

DÍPTICO

 

Inscrición:

A Xornada ten carácter gratuíto.

Prazo de inscrición: ata o 1 de marzo de 2015

Pódeste inscribir chamando ao telefono 981 55 80 08 ou a facilitando o teu nome, DNI, teléfono e correo electrónico ao enderezoinfo@eusumo.coop

 

 

Para máis información:

Tlf: 981 55 80 08

www.eusumo.coop

info@eusumo.coop

Localización : IES Félix Muriel
Contacto : 981558008 info@eusumo.coop
Xoves, 5 March, 2015 - 05:15 to 07:15

Compartir