Últimos días de recepción de candidaturas para o Espazo de Emprendemento Pont-Up Store 2017

O Espazo de Emprendemento Pont-Up Store terá lugar en Pontevedra os días 21,22 e 23 de setembro. Este ano volverá haber tres modalidades de participación: presentar un emprendemento nun dos 33 stands gratuítos dispoñibles; propoñer actividades de dinamización dentro do programa; e participar no Puntazo Exprés no que 10 empresas serán seleccionadas para explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 5 importantes empresas e entidades galegas. Entre os escoitantes desta edición estarán, entre outros, Juan Vázquez Gancedo Director Xeral de Bodegas Martín Códax e Presidente do Clúster Alimentario de Galicia; Begoña Ocampo, socia fundadora da cadea de restaurantes La Pepita Burguer Bar; Débora Franco de Vázquez de Monet Viticultura; e Xavier Castaño, da consultora Internacional de Proxectos Tecnolóxicos, Igalia. As candidaturas poderanse presentar a unha ou varias modalidades do 30 de maio ao 9 de xullo a través da web www.pontupstore.com.

 

Miércoles, 5 Xullo, 2017 - 09:15